O traballo colaborativo en grupo
é unha estratexia de aprendizaxe que foi gañando cada vez máis espazo co paso
do tempo nos procesos de ensinanza, ata chegar a converterse nalgo clave na
educación a día de hoxe.
Un grupo de traballo colaborativo
está formado por 3 ou máis persoas que, deben interactuar e aportar
coñecementos e ideas para chegar a unha meta ou un obxectivo común. Unha boa socialización é, por tanto, unha peza clave
para que o grupo funcione con éxito.
Vantaxes:
MOTIVACIÓN: esta vese incrementada, xa que a interacción e a colaboración permite que aprendan uns doutros, ademais da responsabilidade que trae consigo o contribuír persoalmente ao éxito dos demais.
AUTOAPRENDIZAXE: todos poden aportar o seu gran de area ao grupo, opinar sobre o traballo dos demais e localizar erros e acertos. A aportación de ideas será moito maior que nun traballo individualista.
SOCIALIZACIÓN E VALORES MORAIS: axuda tamén por tanto ao desenvolvemento da propia personalidade, pode contribuír en aspectos como a empatía, a solidariedade, a tolerancia, o respecto...
VIABILIDADE: algúns traballos que son inviables para pedirllos aos alumnos individualmente, son, sen embargo, realmente interesantes para traballalos en grupo.
UNIDADE: o sentimento de unidade e pertenza a un grupo sustenta todo o dito anteriormente e fai do traballo en grupo algo ameno, interesante e divertido á vez que este aporta un gran valor pedagóxico.
Ademais, bríndanos unha boa base no tocante ao futuro laboral, xa que a colaboración e a cooperación na maioría dos postos de traballo é algo necesario e inevitable.

Aínda que as vantaxes que
presenta o traballo en grupo son moi significativas, cabe tamén falar dalgunhas
desvantaxes que se poden chegar a producir nalgúns casos, como son as
seguintes:
- O grupo pode esquecerse do proxecto común que significa traballar en grupo e tan só cumprir coas súas propias obrigas.
- A contradición entre os integrantes ou a ansia de autoridade dalgún deles.
- As presións sociais do grupo para integrarse, para ser aceptado e aportar ideas de valor pode ocasionar o aplastamento dalgún dos integrantes.
Por outra parte e en casos
puntuais, tamén pode ser efectivo o traballo por parellas, xa que é unha opción
que se sitúa entre o individual e o grupal.