martes, 17 de octubre de 2017

A TEORÍA MÁIS DOADA.

Nesta terceira semana, en piscina, seguimos especializándonos nos tres estilos que comezamos a practicar a semana anterior, dándolle máis protagonismo á técnica do estilo "espalda". Perfeccionamos o "recobro" e a "tracción", utilizando as aletas como apoio. Tamén estivemos traballando a entrada na auga.

Por outra parte, ademais se seguir mellorando na práctica do atletismo, complementámolo co apartado teórico na aula. Podo sinalar que me gustou especialmente a dinámica da clase, xa que se deron varios cambios no transcurso desta: en primeiro lugar e individualmente, cada un de nós tivo aproximadamente 35 minutos de estudo ( para velocidade, medio fondo e fondo). Para continuar a clase adecuadamente sen saírnos da dinámica, cambiamos completamente de tarefa, pasando a falar da natación. Debido ao cúmulo de tempo que xa pasara, déusenos 10 minutos de descanso antes de comezar o test, para afrontalo así en mellores condicións.

Por último, no xogo do "Rugby Tag", dividiunos en dous grupos e en cada un destes dous equipos, ofrecéndonos total liberdade para formar o terreo de xogo, podendo ver logo na práctica os nosos erros en canto á dimensión do campo.

PROGRESIÓN SIN DESCONECTAR.

Nesta segunda semana, continuamos coas actividades que comezamos a semana anterior, engadíndolles novos aspectos na disciplina de cada deporte.

Por unha parte, en piscina, fumos alternando os estilos "braza", "crol" e "espalda":

  • En "braza" centrámonos, sobre todo, na patada, bloqueando os tobillos e realizando o movemento axeitado. 
  • En "crol" fixemos fincapé na respiración, en ambos os lados. 
  • En "espalda" resaltamos o "rolido", para iso empregamos aletas, de forma que nos puideran dar un maior impulso e nos resultara máis sinxelo realizar esta técnica.
Por outra parte e continuando co atletismo, na especialidade de vallas, seguimos perfeccionando os dous aspectos: a perna de "ataque" e a de "impulsión". Tamén comezamos a practicar a carreira de relevos.

Finalmente, en Rugby Tag, continuamos pulindo os aspectos da semana pasada, á vez que engadimos o saque lateral. Así mesmo, xa tiñamos que ter controlado algunha táctica tanto en ataque como en defensa.

AUTOEVALUACIÓN

Esta semana fixemos o mesmo que a anterior, cos test de atletismo. Primeiro repasamos, sobre media hora, todos os estilos de carreira. Eduardo deunos un descansiño para desconectar, e logo fixemos os test. Teño que decir que pensei que sabia máis xa que me liei en algunha pregunta. Resultáronme un pouco máis liosas as de fondo medio fondo e marcha.

martes, 10 de octubre de 2017

AUTOEVALUACIÓN DE TÉCNICA DE CARRERAS

Hoxe fixen o meu primeiro test das probas de carreira de velocidad, fondo, medio fondo e marathon.
Repasamos a materia sobre 35 minutos e despois cambiamos de materia para desconectar e descansamos 10 minutos antes de facer a proba.
A proba constaba de 10 preguntas, nas que respondín correctamente as 10.
Tiven algunha dúbida en unha delas, concretamente a número 7. As demais preguntas foron sinxelas.
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/50_educacion_atletismo/curso/archivos/carreras1/results.htm

lunes, 2 de octubre de 2017

A METODOLOXÍA DE EDUARDO

Ao longo destas primeiras semanas, foron varias as ideas que me sorprenderon no modo no que Eduardo desenrola a clase:

Unha delas, foi o control da situación e a toma de decisións ante os imprevistos, a posesión de diversos plans para cando o previsto non se pode levar a cabo, todo isto cunha rápida reacción e con tranquilidade. Engadindo ademais o bo control do grupo (división en pequenos grupos de traballo e a atención con todos os seus alumnos independentemente do nivel de cada un).

Por outra parte, pareceme interesante a capacidade de observación que intenta transmitirnos. Utilizando exercicios de observación (por exemplo, coa técnica de carreira, na cal debiamos observar aos compañeiros correr e intentar descifrar os seus fallos), ao mesmo tempo que se levan a cabo as actividades, dándolle tanta importancia á realización do exercicio en sí como á contemplación deste.

Finalmente, concédolle especial importancia á ensinanza que fai do "Rugby Tag". Inclúe os conceptos e as normas día a día, de maneira periódica para levalo a cabo con máis claridade, en lugar de facelo dunha soa tacada. Desta maneira, a progresión faise moito máis sinxela. É algo que realmente aprecio porque considero que é a maneira máis facil de aprender, pero é algo que non se acostuma a ver á hora de ensinar un deporte nunha clase.

Ata a seguinte entrada👋


domingo, 1 de octubre de 2017

Presentación

Ola bloggers!!!🙋
Este é o meu primeiro contacto cun blogger, e vou aproveitar esta entrada para presentarme.
O meu nome é Alberto, aínda que son moito máis coñecido como "Make" (este é un alcume co cal levo moitos anos, podedes chamarme como vos resulte máis sinxelo). Son natural da capital da Terra Chá (Vilalba), pobo no cal vivo, e teño 26 anos.
Encántanme todo tipo de deportes, e en especial o fútbol, xa que o levo practicando dende os 7 anos. Ao longo da miña carreira deportiva como futbolista, tiven a oportunidade de xogar nas categorías inferiores do Rácing Club Villalbés, Clube Deportivo As Pontes e do Clube Deportivo Lugo. 
Cando comecei como senior, fíxeno dentro do Racing Club Villalbés, clube ao cal volvín esta tempada despois de facer un pequeno paréntese a tempada pasada na Sociedade Deportiva Compostela.
Tamén teño o título de entrenador de fútbol de nivel 1, co cal estou a traballar como entrenador de fútbol base do Rácing Club Villalbés, compaxinando isto co ciclo de TSAFD polas mañas.
Por outra parte, a día de hoxe, estou afiliado nun clube de pádel, deporte ao cal son moi aficionado, e que practico dende fai aproximadamente 5 anos. 
Por último, e relacionado coa miña formación deportiva, anteriormente xa fixera o ciclo de atletismo, o cal pretendo completar co presente ciclo de TSAFD. 

UN SAÚDO A TODOS! 🏊🏉🏀🎾🏃🏄🌕⚽⚾

O TRABALLO COLABORATIVO EN GRUPO

O traballo colaborativo en grupo é unha estratexia de aprendizaxe que foi gañando cada vez máis espazo co paso do tempo nos procesos de e...