viernes, 9 de marzo de 2018

O TRABALLO COLABORATIVO EN GRUPO


O traballo colaborativo en grupo é unha estratexia de aprendizaxe que foi gañando cada vez máis espazo co paso do tempo nos procesos de ensinanza, ata chegar a converterse nalgo clave na educación a día de hoxe.

Un grupo de traballo colaborativo está formado por 3 ou máis persoas que, deben interactuar e aportar coñecementos e ideas para chegar a unha meta ou un obxectivo común. Unha boa  socialización é, por tanto, unha peza clave para que o grupo funcione con éxito.

Vantaxes:

MOTIVACIÓN: esta vese incrementada, xa que a interacción e a colaboración permite que aprendan uns doutros, ademais da responsabilidade que trae consigo o contribuír persoalmente ao éxito dos demais.


AUTOAPRENDIZAXE: todos poden aportar o seu gran de area ao grupo, opinar sobre o traballo dos demais e localizar erros e acertos. A aportación de ideas será moito maior que nun traballo individualista.


SOCIALIZACIÓN E VALORES MORAIS: axuda tamén por tanto ao desenvolvemento da propia personalidade, pode contribuír en aspectos como a empatía, a solidariedade, a tolerancia, o respecto...


VIABILIDADE: algúns traballos que son inviables para pedirllos aos alumnos individualmente, son, sen embargo, realmente interesantes para traballalos en grupo.


UNIDADE: o sentimento de unidade e pertenza a un grupo sustenta todo o dito anteriormente e fai do traballo en grupo algo ameno, interesante e divertido á vez que este aporta un gran valor pedagóxico.


Ademais, bríndanos unha boa base no tocante ao futuro laboral, xa que a colaboración e a cooperación na maioría dos postos de traballo é algo necesario e inevitable.

Aínda que as vantaxes que presenta o traballo en grupo son moi significativas, cabe tamén falar dalgunhas desvantaxes que se poden chegar a producir nalgúns casos, como son as seguintes:

- O grupo pode esquecerse do proxecto común que significa traballar en grupo e tan só cumprir coas súas propias obrigas.


A contradición entre os integrantes ou a ansia de autoridade dalgún deles.


- As presións sociais do grupo para integrarse, para ser aceptado e aportar ideas de valor pode ocasionar o aplastamento dalgún dos integrantes.

Por outra parte e en casos puntuais, tamén pode ser efectivo o traballo por parellas, xa que é unha opción que se sitúa entre o individual e o grupal.
Resultado de imagen de trabajo colaborativo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O TRABALLO COLABORATIVO EN GRUPO

O traballo colaborativo en grupo é unha estratexia de aprendizaxe que foi gañando cada vez máis espazo co paso do tempo nos procesos de e...