Nesta nova entrada vou a falar dun tema que saiu recentemente na clase e que me pareceu interesante para que a metodoloxía levada a cabo nunha aula sexa o máis integrante e enriquecedora posible.
Este tema trátase da escolla de compañeiros para a formación de equipos de cara a unha competición.
Ao longo das nosas vidas nas clases de educación física acostumóusenos, erroneamente, a ir escollendo un ou outro compañeiro segundo as nosas preferencias para formar un equipo. É dicir, o profesor elixia aleatoriamente ao "capitán" de cada equipo, e este iría escollendo de entre toda a clase a aqueles que considerase "mellores", tendo en conta o exercicio físico que se iría a levar a cabo.
Esta maneira de conformar un grupo produce na maioría dos casos que algúns rapaces queden excluídos ou marxinados do resto. Estes vense a si mesmos como a última escolla por parte dos seus compañeiros, motivo polo que poden sentirse desprestixiados e inferiores, cuestionándose as súas posibilidades.
Todo isto está relacionado co ocurrido o día que conformamos os grupos para a competición de Rugby Tag que faremos os alumnos do 1º curso de TSAFD cos do 2º curso.
Nos, acostumados a realizar o explicado anteriormente, comezamos a formar os grupos desta maneira, e a tensión ía en aumento conforme quedaban menos compañeiros, xa que non resulta cómodo contar con alguén antes que con outro simplemente pola nosa creencia en canto á forma física, a coordinación ou a habilidade de cada un de nos. Eduardo, habilmente, soubo cuestionar o que estábamos a facer explicándonos que non era a maneira máis adecuada de formar equipos, xa que, tendo en conta a tensión que se estaba a producir entre nós, xente adulta, sería aínda moito peor entre rapaces pequenos.
Desta maneira, acordamos realizar os equipos por orde de lista, así produciríanse equipos máis equitativos e ninguén quedaría excluido, tratándonos entre todos por iguais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O TRABALLO COLABORATIVO EN GRUPO
O traballo colaborativo en grupo é unha estratexia de aprendizaxe que foi gañando cada vez máis espazo co paso do tempo nos procesos de e...
-
Esta semana tivemos a oportunidade de realizar a carreira de relevos dende un punto de vista diferente. A clase estructurouse en dúas partes...
-
Esta semana, saco en conclusión, un aspecto metodolóxico correctivo que me pareceu moi importante en etapas de formación. Eduardo ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario