viernes, 24 de noviembre de 2017

CORRECIÓNS SINCRÓNICAS E INMEDIATAS

Esta semana, saco en conclusión, un aspecto metodolóxico correctivo que me pareceu moi importante en etapas de formación. 

Eduardo falounos de dous tipos de correcións que deben ser levadas a cabo dándolles a igual  importancia que se merecen, e alternándoas.
Estas divídense en:
  • Correcións sincrónicas: aquelas que son levadas a cabo no mesmo instante no que se está a realizar unha acción, e acostúmanse a dar en explicacións sinxelas e concretas (por exemplo, na natación, avisar no preciso instante da postura dos pés para que a poidan correxir de contado).
  • Correcións inmediatas: aquelas que son levadas a cabo unha vez remata a acción, acostuman a ser explicacións máis globais ou complexas (por exemplo, dar unha correción xeral do estilo de natación que acaba de realizar un alumno).
A información que se de nas correcións debe ser sempre clara e precisa para que os alumnos poidan sacar o máximo beneficio delas, entendéndoas con claridade e sacándolles partido.

Resultado de imagen de monitor natacion

domingo, 19 de noviembre de 2017

A FORMACIÓN DE EQUIPOS DE XOGO ENTRE COMPAÑEIROS

Nesta nova entrada vou a falar dun tema que saiu recentemente na clase e que me pareceu interesante para que a metodoloxía levada a cabo nunha aula sexa o máis integrante e enriquecedora posible.
Este tema trátase da escolla de compañeiros para a formación de equipos de cara a unha competición.

Ao longo das nosas vidas nas clases de educación física acostumóusenos, erroneamente, a ir escollendo un ou outro compañeiro segundo as nosas preferencias para formar un equipo. É dicir, o profesor elixia aleatoriamente ao "capitán" de cada equipo, e este iría escollendo de entre toda a clase a aqueles que considerase "mellores", tendo en conta o exercicio físico que se iría a levar a cabo.

Esta maneira de conformar un grupo produce na maioría dos casos que algúns rapaces queden excluídos ou marxinados do resto. Estes vense a si mesmos como a última escolla por parte dos seus  compañeiros, motivo polo que poden sentirse desprestixiados e inferiores, cuestionándose as súas posibilidades.

Todo isto está relacionado co ocurrido o día que conformamos os grupos para a competición de Rugby Tag que faremos os alumnos do 1º curso de TSAFD cos do 2º curso.
Nos, acostumados a realizar o explicado anteriormente, comezamos a formar os grupos desta maneira, e a tensión ía en aumento conforme quedaban menos compañeiros, xa que non resulta cómodo contar con alguén antes que con outro simplemente pola nosa creencia en canto á forma física, a coordinación ou a habilidade de cada un de nos. Eduardo, habilmente, soubo cuestionar o que estábamos a facer explicándonos que non era a maneira máis adecuada de formar equipos, xa que, tendo en conta a tensión que se estaba a producir entre nós, xente adulta, sería aínda moito peor entre rapaces pequenos.

Desta maneira, acordamos realizar os equipos por orde de lista, así produciríanse equipos máis equitativos e ninguén quedaría excluido, tratándonos entre todos por iguais.



martes, 7 de noviembre de 2017

SEMANA DE POUCAS HORAS.

Esta semana foi o Samaín, polo que estivemos organizando a decoración e os eventos do colexio. Ademais, o mércores foi día festivo, polo que só tivemos clase con Eduardo o luns (piscina) e o venres (informática).

🏊 PISCINA:
Comezando a semana, o que destaco do luns na piscina foi o maior fincapé que fixemos co rolido, utilizando as táboas e as aletas como axuda.
Por outra parte, continuamos perfeccionando o resto de técnicas de natación: braza, espalda e crol.
En crol démoslle un maior protagonismo á respiración por ambos lados.

💻 INFORMÁTICA:
Para terminar a semana, o venres aproveitamos a hora de clase para poñer ao día o blog e continuar ou finalizar os artigos que tiñamos pendientes.
No meu traballo (en colaboración con Freire), Eduardo botounos unha man nalgunha duda que nos surxeu á hora de buscar algunha información sobre probas de carreiras de marcha para o artigo.
Cunha boa consigna que nos ofreceu, deunos un bon empuxón para realizar con éxito o traballo.

Ata a seguinte semana 👋

domingo, 5 de noviembre de 2017

COLABORACIÓN E COMPAÑEIRISMO

A comezos deste ano que ven, levarase a cabo unha viaxe co obxectivo de facer esquí e, como novidade, este ano a planificación cambiou. 

En anos anteriores, os alumnos non se encargaban de organizar a viaxe, senón que era o propio profesor, Eduardo, quen realizaba esta tarefa. Este novo curso decidiu modificalo para que sexamos nós, os alumnos, quen poidamos ter a oportunidade de planificala. 
Pero o realmente importante da situación e que, tanto os compañeiros que terán a oportunidade de ir, como aqueles que por certos motivos non poidan beneficiarse da viaxe, colaborarán e aportarán o seu gran de area para a planificación. É dicir, os valores de solidariedade, colaboración e compañeirismo entrarán en xogo. Todos nós teremos a oportunidade de ofrecer a nosa axuda e a nosa implicación no grupo aínda que o beneficio non sexa directamente para nós.

Paréceme realmente interesante e de gran valor o que se está por levar a cabo, xa que a colaboración é un aspecto moi importante en todos os ámbitos das nosas vidas, tanto persoal como laboralmente. Non só resultará moito máis doado para todos, senón que tamén aprenderemos a traballar en equipo e a coordinarnos.

jueves, 2 de noviembre de 2017

APRENDER COMPETINDO

Esta semana tivemos a oportunidade de realizar a carreira de relevos dende un punto de vista diferente. A clase estructurouse en dúas partes diferenciadas:
En primeiro lugar, dividímonos en grupos e deixousenos a autonomía necesaria para experimentar pola nosa parte a carreira coa técnica de cambio de testigo. De este xeito fumos capaces de levar a cabo un auto aprendizaxe, aprendendo dos nosos propios erros, á vez que os iamos correxindo.
En segundo lugar, levamos a cabo unha competición exemplar xa que esta tiña como obxectivo a igual participación de todos os compañeiros nas carreiras levadas a cabo, non deixando atrás a aqueles que ían perdendo nalgunha delas, facéndose varias subcompeticións.

Como conclusión de estas clases: Aprecio a liberdade que nos da Eduardo para experimentar, probar e autocorrexirte en este tipo de probas, vendo así a progresión máis enriquecedora. Tamén notei que a competición debe de estar presente, pero sempre con respecto e sen descalificar a alguén por menos nivel.

O TRABALLO COLABORATIVO EN GRUPO

O traballo colaborativo en grupo é unha estratexia de aprendizaxe que foi gañando cada vez máis espazo co paso do tempo nos procesos de e...